consistencia

consistencia

consistente

Plural: consistencias
  1. s f

    Estado de solidez ou firmeza dunha cousa.

  2. s f

    Calidade fundamentada e razoada que se aplica a cousas non materiais.

  3. s f

    Grao de densidade ou de espesura dunha cousa.

  4. s f [CONSTR ]

    Coherencia entre as partículas que constitúen unha masa, dependente da súa natureza e da proporción de auga que contén.

  5. s f [MAT ]

    Propiedade dunha teoría non contraditoria.

  6. consistencia cognitiva [PSIC ]

    Lóxica psicolóxica que establece que o individuo sempre procura facer diminuír as discrepancias entre as súas crenzas e a súa conduta.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A consistencia do xarope é a adecuada
  • Coa consistencia dos seus argumentos convenceunos a todos, É un home sen consistencia
  • Edificaron nun espacio que tiña un elevado grao de consistencia