consagrar

consagrar

lat consecrāre ‘consagrar ós deuses’

  1. v t
    1. Dedicar unha persoa ou unha cousa sagrada a un fin ou a un uso sagrado mediante o rito adecuado.

    2. Pronunciar sobre o pan e o viño as palabras da institución da eucaristía para así convertelos no corpo e sangue de Xesús Cristo.

  2. v t

    Dedicar algunha cousa a unha actividade que require dedicación e constancia.

  3. v t

    Acadar alguén reputación nalgún ámbito.

  4. v pron

    Dedicarse totalmente a unha actividade.

  5. v pron

    Consolidarse ou pasar a ter prestixio alguén nunha actividade concreta.

Citas

  • A operación consagrouno como un cirurxián excepcional
  • Consagraron o templo despois do incendio
  • Consagrou os seus esforzos a loitar pola xustiza no seu país
  • Consagrouse ao coidado dos seus familiares enfermos
  • Despois do seu último filme consagrouse como un grande actor
  • O crego axeonllouse para consagrar a hostia
  • O golpe de Estado consagrou o xeneral á fronte do goberno
Conxugar
VERBO consagrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagro
consagras
consagra
consagramos
consagrades
consagran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagraba
consagrabas
consagraba
consagrabamos
consagrabades
consagraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagrei
consagraches
consagrou
consagramos
consagrastes
consagraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagrara
consagraras
consagrara
consagraramos
consagrarades
consagraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagrarei
consagrarás
consagrará
consagraremos
consagraredes
consagrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagraría
consagrarías
consagraría
consagrariamos
consagrariades
consagrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagre
consagres
consagre
consagremos
consagredes
consagren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagrase
consagrases
consagrase
consagrasemos
consagrasedes
consagrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagrar
consagrares
consagrar
consagrarmos
consagrardes
consagraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
consagra
-
-
consagrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
consagrar
consagrares
consagrar
consagrarmos
consagrardes
consagraren
Xerundio consagrando
Participio consagrado
consagrada
consagrados
consagradas