cono
lat conu gr χ ῶ νος ‘cono’
-
-
s
Corpo limitado polo plano, que contén a base, e pola superficie formada por todos os segmentos que teñen un dos seus extremos nun punto chamado vértice e o outro nun dos puntos da base. O volume dun cono calquera de altura h e de base de área B é V=Bh/3.
-
cono truncado
Sólido formado pola parte dun cono comprendida entre a base e unha sección transversal. OBS: Tamén se denomina tronco de cono.
-
s
-
s
m
[BIOL ]
Célula neuroepitelial especializada na recepción de estímulos de luz cromática que, xunto cos bastóns, forman o neuroepitelio da retina.
-
s
m
[BOT ]
Estróbilo ou piña das coníferas.
-
s
m
[TRANSP ]
Elemento de sinalización de forma cónica.
-
-
cono aluvial
Forma de relevo sedimentario constituída por materiais aluviais nunha ruptura de pendente.
-
cono de dexección
Depósito sedimentario orixinado pola acumulación dos materiais arrastrados por un torrente na súa desembocadura.
-
cono volcánico
Forma de relevo cónica, máis ou menos irregular, constituída por materiais efusivos procedentes do interior da terra que se acumulan ao redor do cráter.
-
cono aluvial
-
cono de Abrams
[CONSTR ]
Dispositivo que serve para medir a consistencia do formigón.
-
cono de percusión
[ARQUEOL ]
Relevo convexo ou saínte que se inicia nas lascas no punto de impacto do percusor sobre o núcleo.
-
cono de redución
[CONSTR ]
Peza que serve para encaixar un cano con outro de menor diámetro.
-
cono terminal/medular
[ANAT ]
Porción terminal da medula, cun vértice que chega aproximadamente ata o nivel da segunda vértebra lumbar e que se prolonga cunha estrutura moi delgada e rudimentaria (filum terminale) ata o fondo do saco raquídeo.