confección

confección

lat confectiōne

Plural: confeccións
  1. s f

    Acción e efecto de confeccionar algo a partir de diferentes elementos.

  2. s f [TÉXT ]

    Fabricación de pezas de vestir feitas en serie, con medidas estudadas e tomadas previamente sobre manequíns.

Confrontacións

configuración, elaboración, fabricación

Citas

  • A confección do cartel levouse a cabo con elementos de reciclaxe, A confección do novo fármaco resulta moi custosa
  • Estudia corte e confección, Traballa nunha fábrica de confección
  • Merquei o bañador en confeccións A Galega
  • Rebaixas en confección, As últimas confeccións do modisto caracterízanse pola súa extravagancia, OBS: Co mesmo significado emprégase a expresión de confección, Mercou un traxe de confección para a voda