condutor -ra

condutor -ra
Plural: condutores Masculino: condutor Masculino plural: condutores Feminino: condutora Feminino plural: condutoras
  1. adx

    Que conduce. Tm s.

  2. adx [TECNOL ]

    Aplícase ao órgano mecánico que transmite un movemento, de rotación ou de translación, ao órgano conducido.

  3. s m [FÍS ]

    Corpo que presenta unha resistencia eléctrica pequena.

  4. s [POLÍT ]

    Líder político dun partido que adoitaba coincidir co líder dun país que exercía unha función doutrinal.

Formas incorrectas

conductor -ra