concreción

concreción

lat concretiōne ‘agregación’

Plural: concrecións
  1. s f

    Acción e efecto de concretar ou concretarse.

  2. s f [XEOL ]

    Acumulación, a partir dun núcleo orixinal, de partículas que se unen para formar pequenas masas entre os sedimentos.

  3. s f [XEOL ]

    Precipitación que forma capas superpostas, case sempre pola acción da auga.

  4. s f [PAT ]

    Masa sólida que se constitúe por agregación e endurecemento de diversas materias, producida xeralmente por circunstancias patolóxicas e que se pode dar en diversos tecidos.