concepción

concepción

lat conceptiōne ‘concepción’

Plural: concepcións
  1. s f

    Acción e efecto de concibir unha femia un novo ser.

  2. s f

    Acción e efecto de formar unha idea na mente.

  3. s f [FILOS ]

    Representación non perceptiva.

  4. concepción herdada [SOCIOL ]

    Corrente sociolóxica positivistas e neopositivistas que se caracteriza pola idea do progreso científico como un proceso acumulativo de ampliación e perfeccionamento de teorías, a defensa do dedutivismo como modus operandi na construción de teorías sociolóxicas e a idea de unidade da ciencia.

Confrontacións

fecundación

Citas

  • A concepción da obra foi totalmente súa
  • O parto dunha muller adoita acontecer nove meses despois da concepción