compulsión

compulsión

lat compulsĭōne

Plural: compulsións
  1. s f

    Acción de compeler física ou moralmente, especialmente por autoridade.

  2. s f

    Tendencia interior irresistible a realizar un acto ou a pensar unha idea determinada.

  3. s f [DER ]

    Medida de execución forzosa que consiste na utilización da forza sobre as persoas como medio para a execución forzosa dos actos administrativos.