compromiso

compromiso

lat compromissu

Plural: compromisos
  1. s m

    Obrigación contraída entre persoas por unha promesa, documento ou acordo similar.

  2. s m

    Situación difícil na que é complicado decidir qué facer.

  3. s
    1. Contrato especial formalizado en escritura pública polo que as partes dunha controversia estipulan que o conflito existente entre elas sexa resolto por terceiras persoas, unha ou máis en número necesariamente impar, designadas por elas mesmas.

    2. Escritura ou acta na que consta o compromiso das partes a someterse a unha arbitraxe imparcial.

    3. Resolución dun litixio por arbitraxe.

    1. s

      Delegación que, co fin de elixir os ocupantes de determinados cargos civís ou eclesiásticos, fan os electores nun deles ou en máis dun para designar o que debe de ser nomeado para o cargo.

    2. elección por compromiso

      Forma de elección do dereito canónico consistente na circunstancia de que os electores, unanimamente e por escrito, confiran a unhas determinadas persoas o dereito de elixir en nome de todos.

Sinónimos

Citas

  • Coas túas indiscrecións puxéchelo nun compromiso
  • Onte non me esperou para cear porque tiña un compromiso, Aínda non tentaron formalizar o seu compromiso