comprensión

comprensión

lat comprehensiōne

Plural: comprensións
  1. s f

    Acción de comprender.

  2. s f

    Facultade de comprender.

  3. s f

    Condescendencia cara aos actos, comportamentos ou sentimentos doutro.

  4. s f [FILOS ]

    Conxunto de caracteres dun ser ou comúns aos seres dunha clase.

  5. comprensión lectora/da lectura [PEDAG/LING ]

    Captación do significado completo dun texto lido.

Antónimos

Confrontacións

benevolencia

Citas

  • É unha persoa que ten moita comprensión
  • Esta regra é de difícil comprensión
  • Mostra moita comprensión cara ao que fan os seus fillos e vainos malcriar