adxunción

adxunción

lat adjunctĭone ‘unión, enlace’

Plural: adxuncións
  1. s f

    Acción de xuntar.

  2. s f [DER ]

    Modalidade de accesión continua en bens mobles que ten lugar cando unha cousa moble se engade a outra de diferente propietario de maneira inseparable, pero permitindo distinguir cada unha delas.

  3. s f [LING ]

    Figura de construción gramatical que consiste na elipse nunha oración dun termo, enunciado noutra contigua.

Citas

  • A adxunción do anexo a este documento aclara o seu contido
  • Chegaron tres autobuses á estación e dous coches de policía (omítese o verbo na segunda proposición)