compañía

compañía

lat v *companĭa lat cum ‘con’ + pane ‘pan’

Plural: compañías
  1. s f

    Acción e efecto de compañar.

  2. s f [ECON ]

    Asociación, sociedade ou empresa, con fins económicos, industriais ou comerciais.

  3. s f [ESPECT ]

    Agrupación de actores, técnicos e directores que ten como obxectivo fundamental a creación e distribución de espectáculos teatrais.

  4. s f [HIST/BÉL ]

    Conxunto de homes armados, mercenarios, a pé ou a cabalo, baixo o mando dun capitán, recrutados polo rei, polos nobres ou polos conselleiros municipais desde a Idade Media.

  5. s f [RELIX ]

    Agrupación relixiosa.

Citas

  • Compañía de Xesús
  • O número de compañías do ámbito das telecomunicacións segue medrando