comisión

comisión

lat commissĭōne ‘acción de confiar os xogos a alguén’

Plural: comisións
  1. s f

    Acción de cometer.

  2. s f

    Labor que se lle encomenda a alguén.

  3. s f

    Reunión de persoas delegadas temporalmente para facer algunha cousa ou tomar resolucións en nome dun grupo maior.

  4. s f

    Retribución que se cobra por realizar unha operación comercial, especialmente o intermediario nun negocio de compravenda.

  5. s f [DER ]

    Cada un dos órganos administrativos de carácter colexial nos que está representado proporcionalmente un organismo máis numeroso.

Sinónimos

Confrontacións

delegación, encomenda

Citas

  • A asociación nomeou unha comisión para ir negociar co concello
  • Atribuíuselle a comisión do secuestro a un inocente
  • O embaixador recibiu a comisión de negociar un novo acordo de pesca
  • Os nosos vendedores reciben unha comisión do dez por cento