comercial

comercial

lat commerciāle

Plural: comerciais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao comercio e aos comerciantes.

  2. adx
    1. Que se fai coa intención de ter boa aceptación no mercado, xeralmente diminuíndo a calidade do produto.

    2. Aplícase ao autor ou artista que realiza unha obra aceptada polo mercado, xeralmente de baixa calidade.

  3. s

    Persoa que representa unha empresa vendendo e promocionando os seus produtos e servizos.

Citas

  • A actividade comercial é a principal fonte de ingresos do país, O centro comercial inaugurarase a próxima semana
  • É un escritor de novela comercial que non carece de interese literario
  • Encargáronlle a película a un director moi comercial
  • Os comerciais da inmobiliaria traballan a comisión