colocar

colocar

lat collocāre ‘colocar, poñer, situar’

  1. v t

    Poñer algo ou alguén no lugar que se expresa o que lle corresponde. Tm v pron.

  2. v t
    1. Dar emprego a unha persoa.

    2. Buscar acomodo a alguén proporcionándolle unha determinada posición que lle permite vivir con comodidade.

  3. v t

    Empregar os cartos nun negocio para que dean rendemento.

  4. v t col
    1. Conseguir un comprador para algunha cousa da que é difícil desfacerse ou que é difícil de vender.

    2. Facer que alguén acepte ou reciba algo contra a súa vontade.

  5. v pron

    Conseguir emprego unha persoa nalgún lugar.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Aínda que non quería comprar coloqueille uns cantos libros
  • Cando poñas a mesa coloca os pratos con cadanseu vaso, Colocou os billetes na billeteira, Colocou os apuntamentos en carpetas
  • Colocou o bolso enriba da mesa, Colocou as rosas no floreiro
  • Colocou todo o que gañara na bolsa
  • Colocouse na nova fábrica do polígono industrial
  • Colocouse nun lugar estratéxico para observar todo o que pasaba, Colocouse no centro da pista para bailar
  • Coloqueille o coche a un veciño, O obxectivo trimestral é colocar o oitenta por cento das existencias
  • Como cheguei tarde colocoume na derradeira fila no último asento
  • Sempre colocou ben os seus familiares
  • Un amigo seu colocouno na súa empresa

Formas incorrectas

ubicar
Conxugar
VERBO colocar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coloco
colocas
coloca
colocamos
colocades
colocan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colocaba
colocabas
colocaba
colocabamos
colocabades
colocaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coloquei
colocaches
colocou
colocamos
colocastes
colocaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colocara
colocaras
colocara
colocaramos
colocarades
colocaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colocarei
colocarás
colocará
colocaremos
colocaredes
colocarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colocaría
colocarías
colocaría
colocariamos
colocariades
colocarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coloque
coloques
coloque
coloquemos
coloquedes
coloquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colocase
colocases
colocase
colocasemos
colocasedes
colocasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colocar
colocares
colocar
colocarmos
colocardes
colocaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
coloca
-
-
colocade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colocar
colocares
colocar
colocarmos
colocardes
colocaren
Xerundio colocando
Participio colocado
colocada
colocados
colocadas