cólera

cólera

lat chŏlĕra gr χολέρα, de χολ ή ‘bile’

Plural: cóleras
  1. s m [PAT ]

    Enfermidade infecciosa aguda causada por unha enterotoxina producida pola bacteria Vibrio cholerae. O home é a única fonte de contaxio e a transmisión prodúcese directamente ou a través da auga, o leite ou alimentos contaminados.

  2. s f

    Irritación violenta acompañada dun comportamento agresivo.

Sinónimos

Confrontacións

carraxe, rabia

Citas

  • Montou en cólera cando soubo que non fixeran o traballo