colector -ra

colector -ra
Plural: colectores Masculino: colector Masculino plural: colectores Feminino: colectora Feminino plural: colectoras
    1. adx

      Que recolle.

    2. s [RELIX ]

      Eclesiástico que recadaba as esmolas das misas

    3. s

      Depósito de capacidade e formas diversas que se emprega para recoller cousas inservibles.

  1. s m [CONSTR ]

    Sumidoiro que forma parte da rede de saneamento.

    1. s

      Condución principal destinada á distribución dun fluído.

    2. colector de admisión

      Colector que distribúe o aire ou a mestura feita no carburador aos condutos que van a cada un dos cilindros.

    3. colector de escape

      Colector que conduce os gases queimados de cada cilindro ao tubo de escape.

  2. s m [FÍS ]

    Cada un dos electrodos dun transistor bipolar.

  3. s m [FÍS ]

    Elemento das máquinas rotativas eléctricas que actúa como rectificador ou como ondulador mecánico.

  4. s m [XEOL ]

    Rocha permeable a través da que circulan os hidrocarburos procedentes da rocha nai.

  5. s m [XEOG ]

    Río ao que verte as súas augas outro que é o seu afluente ou tributario.

  6. área colectora [XEOG ]

    Superficie dun terreo permeable que alimenta un depósito de augas subterráneas.