colectividade

colectividade

colectivo

Plural: colectividades
  1. s f

    Número de persoas consideradas como un todo, especialmente aquelas que teñen algún tipo de unión que fai que se consideren en conxunto.

  2. s f

    Grupo social ou humano ao que pertence unha persoa.

  3. s f [MAT ]

    Colección de sistemas de partículas empregada para describir un sistema individual.

Sinónimos

Citas

  • A colectividade intelectual da cidade presionou para que se aprobase o proxecto
  • No Amazonas aínda hai colectividades ameazadas