colecta

colecta

lat collecta ‘contribución’

Plural: colectas
  1. s f
    1. Recollida de donativos, especialmente con algún fin benéfico.

    2. Cantidade recollida mediante donativos.

  2. s f [RELIX ]

    Primeira oración da misa no rito romano.

Citas

  • A colecta deste mes non chegou a cinco mil pesetas
  • A colecta para o equipo de fútbol vai ser mañá