coiro

coiro

lat coriu

Plural: coiros
  1. s m

    Pel que recobre a carne dos animais.

    1. s

      Pel curtida e preparada para diversos usos industriais.

    2. coiro sintético

      Material plástico, substituto do coiro e da pel natural, que imita as súas propiedades.

  2. coiro cabeludo [ANAT ]

    Pel do cranio onde vai inserido o cabelo.

Sinónimos

Citas

  • O coiro desa chaqueta é de boa calidade
  • O coiro do porco estaba mal chamuscado e tiña pelos
  • Ten unha muller que é un coiro

Refráns

  • Para adondar os coiros: os fornos e os lavadoiros.