codón

codón

ingl codon

Plural: codóns
  1. s m [XEN ]

    Secuencia de tres unidades de nucleótidos do ADN ou do ARN que codifica un aminoácido particular ou que sinala o comezo ou a finalización da mensaxe xenética.

  2. s m [XEN ]

    Secuencia de tres nucleótidos do ARN mensaxeiro, en que se transcribe a secuencia orixinal do ADN.

  3. codón iniciador [XEN ]

    Codón do ARN mensaxeiro (AUG e GUG) que marca o inicio da síntese de polipéptidos ou tradución.

  4. codón modulador [XEN ]

    Codón responsable do control da frecuencia coa que se transcriben os cistróns.

  5. codón de terminación [XEN ]

    Codón do ARN mensaxeiro (UAA, UAG e UGA) que marca a finalización da síntese dunha cadea polipeptídica.