cobertura

cobertura

lat coopertūra

Plural: coberturas
  1. s f

    Acción e efecto de cubrir ou cubrirse.

  2. s f

    Cousa empregada para cubrir algo.

  3. s f [ECON ]

    Metálico, divisas ou outros valores que serven como garantía para a emisión de billetes de banco ou outras operacións financeiras ou mercantís.

  4. s f [COMUN ]

    Acción de cubrir os medios de comunicación un acontecemento.

  5. s f [BÉL ]

    Conxunto de disposicións tácticas e estratéxicas, adoptadas en tempo de paz para garantir a inviolabilidade das fronteiras aéreas, terrestres e marítimas dun lugar.

  6. s f [HIST ]

    Privilexio, concedido aos grandes de España, de permanecer coa cabeza cuberta diante do rei durante as cerimonias relixiosas.

Sinónimos

Citas

  • As obras de cobertura da igrexa durarán varios meses
  • O seguro do meu coche non ten cobertura en caso de roubo
  • Os invernadoiros dispoñen dunha cobertura transparente para que pase a luz ao interior
  • Traballei un ano nun canal de cobertura local, O meu teléfono non ten cobertura no estranxeiro