coalescencia

coalescencia

p pres de coalescĕre

Plural: coalescencias
  1. s f

    Propensión das cousas a unirse.

  2. s f [BIOL ]

    concrescencia.

  3. s f [BOT ]

    Disposición dos cloroplastos en forma agrupada como consecuencia da acción prolongada de luz directa.

  4. s f [LING ]

    Cambio fonolóxico que afecta á contracción de dúas vocais veciñas que se converten nunha soa.

  5. s f [METEOR ]

    Unión de dúas pingas de auga nunha soa ou de dúas masas de aire húmido nunha soa.

  6. s f [QUÍM ]

    Fenómeno polo que as gotas dun líquido disperso noutro non miscible ou nun gas, tenden a unirse entre elas para formar agregados de maiores dimensións.

Palabras veciñas

coagulopatía coal tar* coala coalescencia coalescente coalición coana