coacción
coacción
lat coactĭone
-
s
f
Procedemento violento co que se obriga a alguén a facer ou dicir algunha cousa.
-
s
f
[DER ]
Forza lexítima vinculada ao dereito, que permite o seu exercicio contra a oposición inxusta ou permite esixir o cumprimento das obrigas.
-
s
f
[DER ]
Delito contra a liberdade da persoa que consiste en empregar, sen estar lexitimamente autorizado, violencia material ou moral sobre outro para obrigalo a facer o que non quere ou para impedirlle facer o que a lei non prohibe.
-
s
f
[SOCIOL ]
Influencia que un grupo exerce sobre os membros do seu ámbito social e sobre o propio grupo, para que se someta ás leis e normas do grupo.
Confrontacións
ameazaCitas
- Dimitiu do seu posto pola coacción á que o someteron