clorofila
clorofila
lat científico chlorophylla gr χλωρός ‘verde’ + gr ϕ ύλλον ‘folla’
s
f
[BIOQ ]
Pigmento verde que presentan as plantas e os procariotas fotosintetizadores, de estrutura porfirínica cun átomo de magnesio central. Existen varias clorofilas que se distinguen polos radicais que se unen a esta estrutura porfirínica, e que absorben unha franxa de lonxitudes de onda diferente.