clixé

clixé

fr cliché

Plural: clivaxes
  1. s m [IMAX ]

    Primeira imaxe que se obtén ao facer unha fotografía, en que os tons escuros e claros se opoñen aos da realidade fotografada.

  2. s m
    1. [GRÁF ]

      Prancha onde hai reproducida, en recheo, unha composición ou unha imaxe destinada á impresión tipográfica ou ao fotogravado.

    2. [GRÁF ]

      Molde que serve de modelo na impresión serigráfica.

    3. [FILAT ]

      Deseño do selo sobre aceiro, cobre, pedra ou caucho para logo imprimir.

  3. s m [LING ]

    Expresión xurdida dun desvío estilístico en relación coa norma que, debido ao seu uso frecuente, perde os seus valores significativos e se converte nun discurso estereotipado e pouco evocador.

Sinónimos

Palabras veciñas

clítoris clitorismo clivaxe clixé cloaca cloacal cloantita