cliente -ta

cliente -ta

lat cliente

Plural: clientes Masculino: cliente Masculino plural: clientes Feminino: clienta Feminino plural: clientas
  1. s

    Persoa que utiliza os servizos dun profesional ou dunha empresa, en especial quen o fai habitualmente.

    1. s

      Ordenador que recibe servizos doutro, ou proceso que recibe servizos doutro proceso.

    2. cliente-servidor

      Filosofía ou sistema de organización informático que se basea no emprego, nunha rede, dun ou máis ordenadores de gran potencia onde se centralizan unha serie de tarefas para as que se necesita gran capacidade de cálculo ou onde se almacena información.

  2. s
    1. Individuo libre que, na antiga Roma, se situaba baixo a protección dun patrón, con frecuencia de orixe patricia.

    2. Persoa que permanecía baixo a protección doutra no réxime feudal.

Citas

  • Gañou un caso semellante con outra clienta
  • O mellor da empresa é a atención ao cliente
  • O supermercado ten menos clientes desde que abriron o centro comercial

Palabras veciñas

clic cliché clido- cliente -ta clientela clientelismo clima