clasicismo

clasicismo

clásico

Plural: clasicismos
  1. s m

    Calidade de clásico.

  2. s m [ARTE ]

    Corrente estética que identifica a beleza artística coa observación de certas leis inviolables, e que se fundamenta na imitación dos modelos gregos e romanos e na regulamentación da arte mediante as leis do ideal artístico, a harmonía e a proporción.

  3. s m [LIT ]

    Imitación dos moldes clásicos como base da creación literaria fronte á innovación.

  4. s m [MÚS ]

    Período comprendido desde a segunda metade do s XVIII ata principios do s XIX que se caracterizou por producir unha música cortesá, elegante e rica, que busca a perfección formal.

Citas

  • O edificio lembra o clasicismo da arquitectura grega