claridade

claridade

lat claritāte

Plural: claridades
  1. s f

    Efecto que causa a luz ao iluminar un espazo, que permite distinguir o que hai nel.

  2. s f

    Calidade daquilo que é doado de entender ou de discernir sen confusión nin dúbida.

  3. s f [FÍS ]

    Sensación subxectiva do nivel de iluminación dun obxecto.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A claridade da mañá ilumina o val
  • A claridade de exposición do profesor fixo que toda a clase entendese o tema
  • Dende este curuto distingo con total claridade o faro do cabo Fisterra
  • O teu cuarto non ten claridade ningunha
  • Ten moitos inimigos porque sempre fala con claridade

Refráns

  • Todo sexa claro, menos o caldo.
  • ¡Deus nos dea claridade e non de caldo.