cigarra
cigarra
lat v *cicāra lat cicāda
s
f
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto, da familia dos cicádidos, da orde homóptera, que se caracteriza por posuír un corpo groso e escuro con dous pares de alas membranosas, aptas para o voo. Os machos producen unhas estridulacións mediante a vibración que ten lugar nunhas membranas con sucos que presentan no abdome.