ciencia
lat scientia ‘coñecemento’
-
-
s f Sistema ou conxunto de coñecementos, que intentan ser obxectivos, sobre a natureza e os seus fenómenos. Son elaborados a partir da observación, a experimentación e a utilización de teorías. Aspira a formular as leis que rexen os fenómenos. Caracterízase pola capacidade de facer previsións (exactas) sobre unha parte da realidade.
-
ciencias aplicadas
Ciencias que empregan os resultados científicos ao servizo das aplicacións técnicas.
-
ciencias exactas
matemática.
-
ciencias humanas
Expresión empregada para as ciencias sociais, a filosofía, a historia e tamén o dereito e a psicoloxía individual.
-
ciencias naturais
Ciencias que teñen por obxecto o estudo da natureza nas súas distintas facetas e que engloba a física, a química, a bioloxía e a xeoloxía.
-
ciencias puras
Parte do saber científico que ten por obxecto o coñecemento da realidade. Engloba a lóxica e a matemática.
-
ciencias sociais
Disciplinas que teñen como obxecto de estudo as estruturas e procesos sociais, económicos e políticos.
-
-
s
f
Cada departamento de coñecementos sistematizados considerado como campo de investigación ou obxecto de estudo.
-
s
f
Conxunto de coñecementos dunha persoa.
-
s
f pl
Conxunto das ciencias baseadas principalmente no cálculo e na observación, en oposición ás letras.
-
árbore da ciencia do ben e do mal
[RELIX ]
Árbore do Paraíso que tiña os froitos que Deus prohibira comer a Adán e Eva.
-
ciencia ficción
[LIT/IMAX ]
Xénero literario e cinematográfico baseado en ingredientes de carácter extraordinario razoables pola imaxinación e centrados no desenvolvemento das posibilidades atribuídas á técnica e á ciencia.
-
ciencias da educación
[EDUC ]
Disciplina científica que, segundo M. Röhrs (1969), se basea en resultados científicos comprobados e toma en consideración os resultados e métodos das ciencias afíns, tentando clarificar a realidade educativa.
-
ciencias da información
[COMUN ]
Disciplina científica que se encarga do estudo e tratamento da información.
-
ciencias da linguaxe
[FILOL ]
Conxunto de disciplinas que estuda os diversos aspectos da linguaxe.
-
ciencias do comportamento/da conduta
[PSIC ]
Ciencias que investigan o comportamento humano e, ás veces, tamén o animal.
-
ciencias ocultas
Coñecementos relativos á conexión entre distintos fenómenos da natureza que non son comprobables cientificamente.
Sinónimos
Citas
- A ciencia física incorpora coñecementos da ciencia matemática
- Construíron unha nova facultade de ciencias no campus
- Non estudiou, pero todos estes anos traballando coa fotografía déronlle moita ciencia no seu oficio
Refráns
- A ciencia é o alimento do espirito.
- A ciencia quere prudencia e experiencia.
- Con pouca ciencia e moita conciencia terás coñecencia da túa sabencia.
- Non hai ciencia contra a experiencia.