chispa

chispa

voz onomatopeica

Plural: chispas
  1. s f

    Partícula incandescente que se desprende dun corpo en combustión ou de dous corpos duros fretados fortemente.

  2. s f
    1. Descarga brusca e transitoria, de curta duración, que se produce entre dous condutores ou dous electrodos suficientemente próximos.

    2. Fulgor que produce esta descarga.

  3. s f

    Brillo ou resplandor que produce algunha cousa.

  4. s f

    Estado que presenta alguén cando bebeu alcol en exceso.

Sinónimos

Citas

  • É unha persoa con moita chispa e sempre ten unha solución para todo, O regalo tiña chispa e engaiolou o rapaz
  • Ó bater co martelo no cravo de aceiro saían chispas, Ao lonxe víanse as chispas que botaban os foguetes
  • O seu home chegaba cunha boa chispa todos os días
  • Tiña unha chispa nos ollos que engaiolaba a todos

Frases feitas

  • Botar chispas. Estar moi enfadado. As cousas non lle sa

  • Ser coma unha chispa. Ser unha persoa moi lista e aguda.

  • Ter mala chispa. Ter mal xenio.

Palabras veciñas

chisma chisme chisnar chispa chispazo chispear chispo -pa