chimpancé
chimpancé
fr quimpezé bantú kampenzi
-
s
m
[ANIMAL ]
Mamífero primate, do xénero Pan, que presenta pelame abundante e negro, e unha barba corta en ambos sexos. Todas as extremidades presentan o polgar opoñible e os brazos longos.
-
chimpancé bonono/anano
[ANIMAL ]
Primate, da familia dos pónxidos, de cara de cor negra e molares moi pequenos, que habita as selvas húmidas do centro de África.
-
chimpancé común
[ANIMAL ]
Primate, da familia dos pónxidos, de cara de cor rosada ou parda, que escurece coa idade. É propio das selvas húmidas, dos bosques caducifolios ou das sabanas do centro e do O de África.