chasco

chasco

voz onomatopeica

Plural: chascos
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos túrdidos, de peteiro fino e cunha plumaxe de cores vivas e contrastadas nos machos, e cores máis apagadas nas femias.

  2. chasco cinsento [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave coas partes superiores de cor cincenta, a cella de cor branca, un grande anteface negro, a gorxa e o peito de cor ocre, o ventre e a mitra de cor branca e as alas negras.

  3. chasco común [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que presenta a cabeza e a gorxa de cor negra, o colar e a mitra de cor branca, e o peito rubio. OBS: Tamén se denomina cabeciña negra.

  4. chasco louro [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que ten, nos machos, o dorso de cor loura clara, cara, alas e gorxa de cor negra e mitra branca.

Sinónimos

Palabras veciñas

chascarraschás chaschás chasco chasco chasis chat* chata