charrizo

charrizo
Plural: charrizos
  1. s m

    Substancia negra graxenta que desprende o fume e que se adhire ás paredes e aos obxectos ao seu alcance.

  2. s m

    Substancia que forma unha capa de cotra escura sobre o esmalte dos dentes.

  3. s m

    Substancia endurecida que queda como sedimento do viño e doutros líquidos.

Sinónimos

Citas

  • Déronme unhas pílulas para o charrizo dos dentes
  • Limpei a cheminea que estaba atuída e mancheime de charrizo
  • Non aproveites o fondo do envase porque está cheo de charrizo