chaleco

chaleco

ár arxelino ğalika ‘casaca de cativo’ turco 2elék

Plural: chalecos
  1. s m

    Peza de roupa que cobre o peito e o lombo ata a cintura ou cadeiras, e que se pon enriba doutra peza.

  2. chaleco antibalas

    Chaleco de plástico ou de metal que se emprega para protexer o tronco humano dos impactos de proxectís de armas de fogo.

  3. chaleco salvavidas

    Chaleco que permite flotar sobre a auga, feito xeralmente de lona, que contén no interior pezas de materiais lixeiros, ou pode incharse con aire, e que se abrocha ao corpo cunha cinta ao pescozo e outra á cintura.

Sinónimos

Citas

  • Comprou un traxe de chaleco gris

Palabras veciñas

chalar chalar chalé chaleco chaleira chaleiro chalote