chaga

chaga

lat plaga

Plural: chagas
s f [PAT ]

Lesión superficial con perda de substancia que se debe a un proceso necrótico, de escasa ou nula tendencia á cicatrización.

Ex: De tanto camiñar saíronlle chagas nos pés Ex: A morte do fillo é unha chaga que non a deixa vivir

Citas

  • A morte do fillo é unha chaga que non a deixa vivir
  • De tanto camiñar saíronlle chagas nos pés

Refráns

  • A chaga doe máis, refregada.
  • Deus que dá a chaga, dá a menciña para curala.
  • Mala é a chaga que con viño non sana.