cetona

cetona

lat acetu ‘vinagre’

Plural: cetonas
  1. s f [QUÍM ]

    Substancia orgánica que se caracteriza pola presenza do grupo funcional carbonilo unido a dous radicais hidrocarbonados ou, nas cetonas cíclicas, formando parte dunha cadea alifática pechada.Moitas empréganse como disolventes e en perfumaría.

  2. cetona dipropílica [QUÍM ]

    Líquido incoloro que se utiliza como disolvente.