cesta
lat cista
-
s
f
Recipiente, xeralmente meirande co o cesto, feito de vimbios, vergas ou varas entretecidas, de distintas formas e tamaños que pode ser con asas ou cun aro polo medio e que se utiliza para transportar ou conter distintas cousas.
-
s
f
[DEP ]
Especie de pa cóncava e curvada que se suxeita no pulso con correas e que se emprega no xogo de pelota vasca.
-
s
f
[ARTE ]
Elemento do capitel, principalmente do corintio, comprendido entre o astrágalo e o ábaco.
-
cesta da compra
[ECON ]
Conxunto de produtos de primeira necesidade dos que se toma o prezo como referencia para realizar o estudo das variacións no nivel de vida por sectores de poboación.
-
cesta de Venus
[ANIMAL ]
Esponxas vítreas da clase dos hexactinélidos.
Sinónimos
Citas
- Colle con xeito a cesta para lle dar máis pulo á bóla
- Comprou unhas cestas na rúa dos Cesteiros de Vigo
- Díxome que quería cesta e media de millo
Frases feitas
-
Cesta rota. Persoa que non
-
Cu de cesta. Persoa de cu grande e de grosas n
-
Estar coma un rei nunha cesta. Vivir rodeado de moitas comodidades.