cesión

cesión

lat cessiōne

Plural: cesións
  1. s f

    Acción de ceder algunha cousa a outra persoa ou de permitir que esa persoa pase a dispoñer dela.

    1. s

      Transmisión que unha persoa fai dun dereito, dunha obriga ou dun ben en favor doutra.

    2. cesión de bens

      Acto polo que o debedor fai entrega de todos os seus bens aos acredores para que estes apliquen o seu importe co fin de satisfacer os seus créditos.

    3. cesión territorial

      Renuncia dos dereitos de soberanía sobre un territorio dun estado en favor doutro.

Citas

  • A cesión do balón permitiu que o dianteiro marcara un gol, O notario non consentiu a cesión da casa, pero si a dos campos
  • A cesión dos dereitos de autor do libro non se levou a cabo