cerimonial

cerimonial

lat caerimoniāle ‘referente ás cerimonias relixiosas’

Plural: cerimoniais
  1. adx

    Relativo ou pertencente á cerimonia.

  2. s m

    Conxunto de formalidades e cerimonias na celebración dunha solemnidade determinada.

  3. s m

    Libro que contén as normas de cada unha das diferentes cerimonias da Igrexa, dunha corporación ou de calquera acto público.

Citas

  • Están preparando o cerimonial para recibir o presidente do país
  • No acto de apertura do curso o rector pronunciou as palabras cerimoniais
  • O cerimonial da Santa Igrexa Romana ten un valor normativo