cedro
cedro
lat cēdru gr κέδρος
-
s
m
[PLANTA ]
Árbore do xénero Cedrus, da familia das pináceas, coa copa ancha e cónica que presenta follas perennes, dispostas en verticilos sobre braquiblastos, e piñas ergueitas e en forma de barril que se desfán ao madurar.
-
cedro californiano/do incenso
[PLANTA ]
ciprés californiano.
-
cedro do Atlas
[PLANTA ]
Árbore de figura piramidal que presenta pólas ascendentes e acículas de cor verde clara, dispostas en verticilos. É unha especie valorada pola súa madeira dura e aromática.
-
cedro himalaio
[PLANTA ]
Árbore de copa aguzada e pólas pendurantes.
-
cedro libanés
[PLANTA ]
Árbore, de copa truncada que é propio das cordilleiras do Tauro e do Antitauro, no Líbano e Cilicia.
-
cedro virxiniano
[PLANTA ]
sabina virxiniana.