cea

cea

lat cēna

Plural: ceas
  1. s f

    Última das tres comidas principais do día que se toma á noite.

  2. s f

    Acción de cear.

  3. s f

    O que se toma para cear.

Citas

  • A cea de gala tivo lugar no pazo de Castrelos, A cea de onte durou dúas horas
  • A súa cea adoita ser ensalada
  • O médico recomendoulle unha cea lixeira

Refráns

  • A cea máis xentes matou que sanou.
  • Antes sen cea que sen cadea.
  • Ben mal cea o que cea por man allea.
  • Boa cea cea aquel que non cea.
  • Cea pouco e come máis, durme en alto e vivirás.
  • Dúas malas ceas ben caben nun ventre.
  • Na casa chea logo se amaña a cea I aparella a cea I fai a cea.
  • Non lle quere mal quen ao vello lle furte o que ha de cear.
  • Non lle quere mal quen ao vello lle quita o que ha de cear.
  • Non quere ao vello mal quen lle furta a cea e o manda deitar.
  • Nunca sabe ben a cea que se cea na casa allea.
  • Quen ao vello lle fiuta a cea quérelle ben, anque o non pareza.
  • Se que res enfermar, cea moito e vaite deitar.
  • Toda boa cea polo beber comeza.

Palabras veciñas

CDP ce Ce cea cea ceacú, a ceado -da