cazón

cazón

lat v *cattione lat cattu ‘gato’

Plural: cazóns
  1. s m [ANIMAL/ICT ]

    Tiburón da familia dos triáquidos, coa primeira aleta dorsal pequena máis adiantada ca as aletas pélvicas que presenta unha boca con menos de 110 fileiras de dentes en cada mandíbula.

  2. cazón branco [ANIMAL/ICT ]

    Tiburón de cor gris a marrón por enriba, con numerosas manchas brancas. Os dentes son case tan anchos coma longos.

  3. cazón común [ANIMAL/ICT ]

    Tiburón de coloración gris a marrón por enriba e branca por debaixo que ten o fociño longo e cónico, con ollos en forma de améndoa, e cunha membrana nictitante externa.

  4. cazón liso [ANIMAL/ICT ]

    Tiburón coa superficie dorsal de cor gris ou marrón, e branca por debaixo que vive por riba dos 150 m e aliméntase, sobre todo, de peixes, cangrexos e moluscos.

Palabras veciñas

cazoleiro -ra cazoleta cazolo cazón cazonal cazulete cazume