caucásico -ca

caucásico -ca
Plural: caucásicos Masculino: caucásico Masculino plural: caucásicos Feminino: caucásica Feminino plural: caucásicas
  1. adx

    Aplícase aos representantes do grupo leucodermo.

  2. linguas caucásicas [LING ]

    Familia de linguas faladas na rexión do Cáucaso. Clasifícanse en linguas caucásicas do norte e linguas caucásicas do sur. As do sur abranguen o xeorxiano e as linguas kartvelianas ou ibéricas. As do norte abranguen o abkhazo-adigueo e o nakho-daguestano.

Palabras veciñas

catropea catueiro caucasiano -na caucásico -ca caucho caución caucionar