castro

castro

lat castru ‘campamento’

s m Recinto fortificado característico da Idade de Ferro na Península Ibérica, sobre todo no seu extremo NO, onde definen a cultura castrexa (s XI a C - s IV d C). A súa situación era variable e foron construídos tanto en zonas costeiras como de interior, e tiñan dúas funcionalidades básicas: a explotación de recursos e a defensa e control do territorio.