carolinxio -xia
carolinxio -xia
Plural:
carolinxios
Masculino:
carolinxio
Masculino plural:
carolinxios
Feminino:
carolinxia
Feminino plural:
carolinxias
-
adx
Relativo ou pertencente a Carlomagno e á súa dinastía.
-
s
Membro da dinastía carolinxia.
-
s
m pl
[HIST ]
Dinastía de orixe franca que dominou a Galia, a Xermania Occidental e o N de Italia entre mediados do s VIII e finais do s IX.
-
escritura carolinxia
[ESCR ]
Tipo de escritura minúscula que caracterizou a reforma cultural do Imperio Carolinxio. A súa xénese foi o resultado dun proceso de estilización das escrituras realizado polos copistas dos mosteiros situados entre o Rin e o Loire durante os ss VIII e IX.