carnal

carnal

lat carnāle

Plural: carnais
  1. adx

    Relativo ou pertencente á carne, en oposición ao espírito.

  2. adx

    Relativo ou pertencente á relación sexual.

  3. adx

    Que está ligada a outra por un parentesco de consanguinidade.

  4. adx

    Relativo ou pertencente ao período do ano no que se pode comer carne, en oposición á Coresma.

Citas

  • A única afinidade que tiñan era un forte desexo carnal recíproco
  • O seu tío carnal levárao de pequeno a ver o mar
  • Os homes como seres carnais non deben xulgar actos espirituais