carmelita

carmelita

topónimo Carmelo, monte de Israel

Plural: carmelitas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á orde dos carmelitas.

  2. s [RELIX ]

    Membro da orde dos carmelitas.

    1. s

      Orde mendicante que tivo a súa orixe nun grupo de eremitas establecidos a mediados do s XII no monte Carmelo. A súa regra foi redactada en 1209 e confirmada por Honorio III en 1226.

    2. carmelitas da caridade

      Congregación relixiosa feminina dedicada á beneficencia e ao ensino. Foi fundada en Vic en 1826 por santa Xoaquina de Vedruna e polo capuchino Esteve d’Olot.

    3. carmelitas descalzos/ reformados

      Rama da orde carmelita xurdida a partir da reforma levada a cabo por santa Tareixa de Xesús e san Xoán da Cruz a partir de 1562, tanto nos conventos masculinos coma nos femininos.