caricatura

caricatura

ital caricatura

Plural: caricaturas
  1. s f

    Representación plástica que consiste na deformación grotesca dos trazos máis característicos das persoas para producir un efecto cómico ou crítico, que habitualmente vai acompañada de texto.

  2. s f

    Imitación ou representación carente de valor que se fai dalgunha cousa.

Confrontacións

parodia

Citas

  • A película é unha simple caricatura dun clásico do cine bélico
  • Nese filme faise unha caricatura dos costumes da sociedade americana burguesa
  • Por máis que copie o seu estilo non deixa de ser unha caricatura da irmá